Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > INFORMACIÓN CONTRADICTORIA PADRÓN CARBALLIÑO

22, Xaneiro 2023 [1] [2] [3] [4]

Gustaríame que alguén me puidese aclarar o baile de cifras do padrón do Carballiño. Por un lado dise que o Carballiño pecha o 2022 con 13.932 habitantes (gañando 21 habitantes) repecto o ano anterior. Como é posible dicir  iso cando se pechou o ano 2021 con ese mesmo número de habitantes (o resultado evidentemente é 0, nin se gañou nin se perdeu poboación, non pode ser +21). 21 habitantes forón os que se gañaron no 2021 cando se pasou a ter 13.932 habitantes, con respecto o ano 2020 que tíñamos 13.911. Con todo este baile de cifras, non teño nin idea de que poboación ten o Carballiño para o INE para este 2023. O 26 de decembro de 2022 o xornal "La Región" publicaba que según os datos do rexistro do concello a poboación do Carballiño era de 14.300 persoas. Agora dise que non superamos a barreira dos 14.000. A verdade non sei que datos se empregan para publicar unha ou outras noticias o respecto. Pero o que está claro é que non creo que nos derradeiros 5 días de decembro morreran 368 persoas no Carballiño ou se censaran noutro concello.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/informacion-contradictoria-padron-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/informacion-contradictoria-padron-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/informacion-contradictoria-padron-carballino [3] whatsapp://send?text=INFORMACIÓN CONTRADICTORIA PADRÓN CARBALLIÑO http://copecarballino.es/denunciacidada/informacion-contradictoria-padron-carballino [4] http://copecarballino.es/print/62227