Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > ALCANTARILLADO VERTENDO DIRECTAMENTE O RIO EN CORZOS

22, Xaneiro 2023 [1] [2] [3] [4]

O primeiro de ano, o río levou por diante no entorno das pistas da autoescola en Corzos un bo anaco de camiño e o correspondente tramo de tubería de alcantarillado. Hai que ver o distintas que se fan as cousas no Carballiño e en Maside. Non hai máis que darse unha volta por Corzos para ver que parte pertence a cada concello. En fin, unha vergonza. Pero a sufrimos por igual, tantos os veciños de Maside coma os de Carballiño. Na mesma data produciuse no entorno de Partovia ou Porto de Eguas (non sei ben onde) a rotura dun colector que fixo necesaria a substitución de 90 metros de tubería de saneamento. Traballos que se contrataron e programaron para facer en nada máis e nada menos ca dúas semanas. En Maside non son capaces de poñer no mesmo tempo tubería e media (poden ser 9 metros) suspendida dun ferrro de forma provisional para evitar os vertidos directos o río na mentres non se licite a obra definitiva. (Non me vale que me digan que ahi vai o alcantarillado dunhas poucas casas. Se fora a miña vertendo directamente o rio outra cousa cantaría). Onde está o Seprona? Onde está a Confederación? Digo isto porque o Sr. Alcalde estará con outras cousas máis importantes, coma os últimos preparativos da comparsa do Entroido. Menuda comparsa de políticos que temos en Maside, o digo por todos os bandos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/alcantarillado-vertendo-directamente-o-rio-en-corzos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/alcantarillado-vertendo-directamente-o-rio-en-corzos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/alcantarillado-vertendo-directamente-o-rio-en-corzos [3] whatsapp://send?text=ALCANTARILLADO VERTENDO DIRECTAMENTE O RIO EN CORZOS http://copecarballino.es/denunciacidada/alcantarillado-vertendo-directamente-o-rio-en-corzos [4] http://copecarballino.es/print/62238