Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta renova o seu apoio ao Cine-Club Carballiño a través da Federación de Cineclubs de Galicia.

28, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, mantiveron unha reunión na que acordaron renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para continuar a garantir a proxección de películas durante todo o ano nas 13 localidades galegas, entre elas O Carballiño, da man do Cine-Club Carballiño que ofrece unha programación estable durante boa parte do ano, agás en verán.

Serán 30.000 euros os que se disporán desde a Xunta para que esta asociación sen ánimo de lucro, que traballa desde hai case que 40 anos a prol da cultura cinematográfica en xeral e con especial atención á defensa e apoio á produción galega, poida seguir ofrecendo ofrecendo o seu apoio a 13 entidades cineclubistas galegas, entre elas o Cine-Club Carballiño, que proxecta con carácter semanal a súa programación no auditorio do Carballiño, aínda que tamén organiza ciclos cinematográficos coincidindo cos datas concretas como o nadal, ou "Flores de Cine" durante o mes de xullo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-renova-o-seu-apoio-ao-cine-club-carballino-traves-da-federacion-de-cineclubs-de-galicia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-renova-o-seu-apoio-ao-cine-club-carballino-traves-da-federacion-de-cineclubs-de-galicia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-renova-o-seu-apoio-ao-cine-club-carballino-traves-da-federacion-de-cineclubs-de-galicia [3] whatsapp://send?text=A Xunta renova o seu apoio ao Cine-Club Carballiño a través da Federación de Cineclubs de Galicia. http://copecarballino.es/novas/xunta-renova-o-seu-apoio-ao-cine-club-carballino-traves-da-federacion-de-cineclubs-de-galicia [4] http://copecarballino.es/print/62318