Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Empresas e autónomos do Carballiño Centro Comercial Aberto contarán cun servizo de asesoramento para reducir o gasto enerxético

29, Xaneiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As empresas e autónomos asociados a Carballiño CCA contarán cun servizo personalizado para axudarlles a reducir o gasto enerxético e implementar medidas de aforro e eficiencia.

Este servizo será levado a cabo pola empresa ARSEM Servizos Enerxéticos, cuxa delegada, María Aurora Cacheda, asinou un convenio de colaboración co presidente de Carballiño CCA, Julián Garriga.

A Consultora realizará un estudo inicial gratuíto, a aqueles asociados que o precisen, de optimización das facturas de electricidade e gas. Do mesmo xeito, cando un asociado teña próximo o vencemento dalgún contrato de subministración, recibirá asesoramento desde ARSEM para atopar as mellores opcións do mercado.

Pola súa banda, a asociación Carballiño CCA, comprométese a divulgar entre os seus asociados os servizos e solucións que ofrece a consultora ARSEM.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/empresas-e-autonomos-do-carballino-centro-comercial-aberto-contaran-cun-servizo-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/empresas-e-autonomos-do-carballino-centro-comercial-aberto-contaran-cun-servizo-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/empresas-e-autonomos-do-carballino-centro-comercial-aberto-contaran-cun-servizo-de [3] whatsapp://send?text=Empresas e autónomos do Carballiño Centro Comercial Aberto contarán cun servizo de asesoramento para reducir o gasto enerxético http://copecarballino.es/novas/empresas-e-autonomos-do-carballino-centro-comercial-aberto-contaran-cun-servizo-de [4] http://copecarballino.es/print/62332