Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un incendio arrasa unha vivenda habitada en Punxín, sen causar danos personais .

5, Febreiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un incendio calcinou por completo unha vivenda unifamiliar situada no quilómetro 16 da N-541, na localidade de Punxín.

As lapas comezaron pouco despois da medianoite deste pasado domingo. Os propietarios da casa, un matrimonio de septuaxenarios foron os que avisaron a Emerxencias do que pasaba e saíron ilesos polo seu propio pé.

A central de alarmas mobilizou os bombeiros do parque comarcal do Carballiño e a Garda Civil. Tamén se enviou unha ambulancia pero non foi precisa a súa intervención. Os servizos de extinción confirmaron que puideron controlar o incendio contra as 01:45 horas, aínda que traballaron para arrefriar os restos ata pasadas as 03:30 horas.

A vivenda quedou arrasada por completo e a estrutura do tellado tamén quedou afectada. Os donos da casa explicaron que o lume comezou no teito por riba da cociña na que había unha cheminea. As lapas estendéronse con rapidez. Sospeitan que o lume se iniciara no tiro dunha estufa empotrada na cheminea, porque escoitaron un estoupido, pero as causas do incendio aínda están en fase de investigación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-incendio-arrasa-unha-vivenda-habitada-en-punxin-sen-causar-danos-personais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-incendio-arrasa-unha-vivenda-habitada-en-punxin-sen-causar-danos-personais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-incendio-arrasa-unha-vivenda-habitada-en-punxin-sen-causar-danos-personais [3] whatsapp://send?text=Un incendio arrasa unha vivenda habitada en Punxín, sen causar danos personais . http://copecarballino.es/novas/un-incendio-arrasa-unha-vivenda-habitada-en-punxin-sen-causar-danos-personais [4] http://copecarballino.es/print/62392