Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta concede 42.000 € ao concello de Boborás para mellorar o Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil

7, Febreiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta concedeulle 42.000 euros ao Concello de Boborás para mellorar o seu Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe as instalacións nas que se realizaron as obras de mellora.

A conselleira resaltou que esta actuación permitiu renovar as ventás e os accesos ao centro e tamén facer máis amplo o parque infantil anexo ás instalacións, que comparte co colexio de Boborás. O Punto de Atención á Infancia ten capacidade para 20 nenos e supón un importante recurso de conciliación para as familias desta localidade, que poden ir a traballar coa tranquilidade de que os seus pequenos de 0 a 3 anos estarán ben atendidos. Ademais, desde este curso os pais non tiveron que pagar nada pola atención educativa neste centro

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-concede-42000-eu-ao-concello-de-boboras-para-mellorar-o-punto-de-atencion-infancia-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-concede-42000-eu-ao-concello-de-boboras-para-mellorar-o-punto-de-atencion-infancia-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-concede-42000-eu-ao-concello-de-boboras-para-mellorar-o-punto-de-atencion-infancia-e [3] whatsapp://send?text=A Xunta concede 42.000 € ao concello de Boborás para mellorar o Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil http://copecarballino.es/novas/xunta-concede-42000-eu-ao-concello-de-boboras-para-mellorar-o-punto-de-atencion-infancia-e [4] http://copecarballino.es/print/62402