Desenrolado por coroa.es
Un gol de falta maxistralmente executada por Pibe no minuto 84 resolveu o partido a favor do Arenteiro ante un bo Palencia, un equipo moi ordenado e solidario que vendeu cara a súa derrota, demostraron os palentinos o por qué son -despòis do Arenteiro- o equipo menos goleado de toda a Segunda Federación.
A primeira parte estivo bastante equilibrada, aínda que as únicas aproximacións con perigo sobre a portería rival foron as do Arenteiro. Mentres, na reanudación o Arenteiro deu un paso adiante en busca dos 3 puntos e súas foron varias ocasións, pero o gol resistíase ata que Pibe desfixo a igualada.
Con este triunfo, o Arenteiro afiánzase unha xornada máis como líder do grupo, e a falta de xogarse todos os partidos do domingo, dorme cunha vantaxe de 10 puntos na clasificación sobre os seus perseguidores, Compostela e Valladolid Promesas, éste último será o proximo rival dos verdes dende as 16:30 horas do próximo domingo 5 de marzo na cidade vallisoletana.
Video-resumen do partido na G2: https://www.g24.gal/-/pibe-marca-sobre-a-hora-e-o-arenteiro-segue-a-so%C... [5]
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/26/arenteiro-tumba... [6]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-palencia-cun-gol-de-pibe-e-alcanza-os-50-puntos-no-liderado-da-segunda
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-palencia-cun-gol-de-pibe-e-alcanza-os-50-puntos-no-liderado-da-segunda
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro gaña ao Palencia cun gol de Pibe e alcanza os 50 puntos no liderado da Segunda Federación. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-palencia-cun-gol-de-pibe-e-alcanza-os-50-puntos-no-liderado-da-segunda
[4] http://copecarballino.es/print/62477
[5] https://www.g24.gal/-/pibe-marca-sobre-a-hora-e-o-arenteiro-segue-a-so%C3%B1ar-co-ascenso
[6] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/26/arenteiro-tumba-palencia-mete-presion-perseguidores/0003_202302O26C9991.htm