Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Unión Iberoamericana de Profesionais de Turismo coñecen a tradición termal e pulpeira do Carballiño e asisten á Festa da Cachucha.

25, Febreiro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu este sábado no concello a 32 asociados da Unión Iberoamericana de Profesionales de Turismo que viaxaron dende Madrid no AVE para pasar esta fin de semana no Carballiño.

Na recepción, os visitantes puideron coñecer a historia da vila e a nosa tradición termal e pulpeira. O alcalde, estivo acompañado polo concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, e o de cultura, Diego Fernández. Rematado o encontro, o concelleiro de turismo, Manuel Dacal, acompañou á delegación ata o Parque Etnográfico do Arenteiro.

Os visitantes que pernoctan no Carballiño, percorrerán varios espazos emblemáticos da vila e da comarca, e, como non, estarán presentes durante a xornada da Festa da Cachucha, da que de seguro levarán un grato recordo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/union-iberoamericana-de-profesionais-de-turismo-conecen-tradicion-termal-e-pulpeira-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/union-iberoamericana-de-profesionais-de-turismo-conecen-tradicion-termal-e-pulpeira-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/union-iberoamericana-de-profesionais-de-turismo-conecen-tradicion-termal-e-pulpeira-do [3] whatsapp://send?text=A Unión Iberoamericana de Profesionais de Turismo coñecen a tradición termal e pulpeira do Carballiño e asisten á Festa da Cachucha. http://copecarballino.es/novas/union-iberoamericana-de-profesionais-de-turismo-conecen-tradicion-termal-e-pulpeira-do [4] http://copecarballino.es/print/62478