Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Insua dos Poetas celebrará o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía. A xornada cultural contará coa presenza de centros de ensino da comarca

13, Marzo 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Fundación Insua dos Poetas celebrará o vindeiro martes, día 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía a través dun programa de actividades no que terán especial protagonismo os escolares da comarcas do Carballiño.

A xornada cultural, que terá lugar a partir das 10,30 horas no parque temático cultural situado na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), conta co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello do Carballiño.

O alumnado participante recitará poemas de Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, figuras centrais da poesía galega que quedarán inmortalizadas en catro novos murais que se irán estreando durante o transcurso da actividade. Estas pezas, expostas na Galería da Literatura Galega, son obra dos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC.

As distintas actividades contarán este ano coa participación dos centros de ensino públicos e privados da comarca. Todos eles recibirán lotes de libros como agasallo.

Iniciativa da Unesco celebrada na Insua dos Poetas dende 2012

O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada en 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas celebra na Insua dos Poetas cada 21 de marzo esta data, sempre co protagonismo do alumnado da comarca.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/insua-dos-poetas-celebrara-o-21-de-marzo-o-dia-mundial-da-poesia-xornada-cultural-contara-coa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/insua-dos-poetas-celebrara-o-21-de-marzo-o-dia-mundial-da-poesia-xornada-cultural-contara-coa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/insua-dos-poetas-celebrara-o-21-de-marzo-o-dia-mundial-da-poesia-xornada-cultural-contara-coa [3] whatsapp://send?text=A Insua dos Poetas celebrará o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía. A xornada cultural contará coa presenza de centros de ensino da comarca http://copecarballino.es/novas/insua-dos-poetas-celebrara-o-21-de-marzo-o-dia-mundial-da-poesia-xornada-cultural-contara-coa [4] http://copecarballino.es/print/62545