Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Máis de 1.500 visitas no Parque Etnográfico do Arenteiro durante a Semana Santa. O tirón do AVE incrementou a ocupación hoteleira, cunha ocupación do 90%, según os datos da concellería de turismo.

12, Abril 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño segue gañando atractivo, según se pon de manifesto no balance turístico da Semana Santa que se fai dende a concellería de turismo do concello carballiñés.

Despois dun verán de récord no que se refire a visitantes polo estreada declaración da Festa do Pulpo como celebración de interese turístico internacional, esta Semana Santa a ocupación hoteleira alcanzou o 90%, según os datos do propio concello do Carballiño.

Tamén a hostalería tomou impulso polas boas temperaturas rexistradas e a ampla programación cultural e relixiosa. Cómpre destacar o interese que espertaron as visitas guiadas que se realizaron no Carballiño nos días grandes da Semana Santa e nas que o pulpo foi o gran protagonista. O número de visitantes tamén sufriu un aumento polo tirón do AVE á provincia de Ourense, xa que foron moitas as persoas que chegaron de puntos como Madrid e Castela.

As cifras tamén foron especialmente boas no Parque Etnográfico do Arenteiro, que rexistrou máis de 1.500 visitas, según os datos municipais, e procedentes de diferentes puntos do territorio nacional. Trátase dun dos grandes atractivos do Carballiño, localizado nun lugar único, no que nun radio de 200 metros, atópase a Fábrica de Papel, a Pena dos Namorados, o parque do Carballiño, a piscifactoría, o cámping, a Residencia do Tempo Libre ou mesmo unha estación meteorolóxica, ademais de dous restaurantes.

"Concertos, cine e diferentes propostas culturais organizadas polo Concello contribuíron a que a vila rexistrase milleiros de visitantes durante a Semana Santa. A maioría deles pernoctaron no concello, impulsando a economía local", remarcan dende a institución municipal carballiñesa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mais-de-1500-visitas-no-parque-etnografico-do-arenteiro-durante-semana-santa-o-tiron-do-ave

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-de-1500-visitas-no-parque-etnografico-do-arenteiro-durante-semana-santa-o-tiron-do-ave [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-de-1500-visitas-no-parque-etnografico-do-arenteiro-durante-semana-santa-o-tiron-do-ave [3] whatsapp://send?text=Máis de 1.500 visitas no Parque Etnográfico do Arenteiro durante a Semana Santa. O tirón do AVE incrementou a ocupación hoteleira, cunha ocupación do 90%, según os datos da concellería de turismo. http://copecarballino.es/novas/mais-de-1500-visitas-no-parque-etnografico-do-arenteiro-durante-semana-santa-o-tiron-do-ave [4] http://copecarballino.es/print/62688