Desenrolado por coroa.es
Por se alguén lle interesa da comarca do Arenteiro ou arredores, convòcase oposición A1 de Enxeñeiro Agrònomo no concello de O Irixo.
Nótase que veñen as elecciòns…
É unha vergoña está maneira de proceder en precampaña, pero xa todo vale, faise o que faga falta e pásase por encima do que faga falta para conseguir os resultados fixados.
Vendo as listas electorais foi unha pena que o Partido Popular non renovase internamente as súas listas, especialmente o candidato a alcaldía, xa que Manuel Cerdeira foi perdendo os apoios internamente, debido as decisións que foi tomando dende que tomou as rendas do concello polo falecemento do anterior rexedor, o señor Penedo en paz descanse. Porque para desgracia do Irixo o señor Cerdeira non é Penedo, e xa se deron conta os membros do Partido Popular que están e estaban arredor do señor Cerdeira. Un indicio de este feito e que a lista presentada é desanxelada, non hai membros de entidade, son simples peóns estériles postos para poder exercer un hipotético mandato cómodo e sen obxeccións.
Pola contra vense candidaturas baixo a miña opinión competentes, frescas e con ilusión.
Será o pobo o que decida se premia esta forma de gobernar despótica, interesada e tan inxusta para a xente de a pé, ou se da a oportunidade de gobernar de outra maneira a xente nova.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/oposicion-enxeneiro-agronomo-en-o-irixo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/oposicion-enxeneiro-agronomo-en-o-irixo
[3] whatsapp://send?text=OPOSICIÓN ENXEÑEIRO AGRÓNOMO EN O IRIXO http://copecarballino.es/denunciacidada/oposicion-enxeneiro-agronomo-en-o-irixo
[4] http://copecarballino.es/print/62841