Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta amplia a tempada estival na Residencia de Tempo Libre do Carballiño ata finais de setembro, ofertando 1440 prazas.

15, Maio 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica o procedemento para a adxudicación de estadías nas Residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. As familias que queiran desfrutar do verán nestes centros teñen desde mañá e ata o vindeiro día 30 de maio para presentar as solicitudes. Poderase cursar unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e en que residencia.

Estas deberán dirixirse ás Xefaturas Territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta. O Goberno galego conta este ano con 2760 prazas para achegarlles ás familias galegas máis posibilidades nesta campaña estival, distribuídas do seguinte xeito: 1320 prazas na Residencia de tempo libre do Panxón, en Nigrán; e 1440 na Residencia de tempo libre do Carballiño. Outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran desfrutar destas residencias.

Prezos e descontos Ao igual que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta volveu adiantar publicación da convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán. As familias contarán con servizo de aloxamento e de comedor para desfrutar durante a súa estancia de todas as comodidades mentres poden aproveitar o tempo de vacacións para fortalecer os lazos familiares e gozar de tempo de ocio e lecer. O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50 %) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30 %).

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-amplia-tempada-estival-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino-ata-finais-de-setembro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-amplia-tempada-estival-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino-ata-finais-de-setembro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-amplia-tempada-estival-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino-ata-finais-de-setembro [3] whatsapp://send?text=A Xunta amplia a tempada estival na Residencia de Tempo Libre do Carballiño ata finais de setembro, ofertando 1440 prazas. http://copecarballino.es/novas/xunta-amplia-tempada-estival-na-residencia-de-tempo-libre-do-carballino-ata-finais-de-setembro [4] http://copecarballino.es/print/62997