Desenrolado por coroa.es
Fai algún tempo o señor Paco Fumega anunciou que na parroquia de Señorín se iban a facer unha serie de obras nas súas estradas a conta do concello do Carballiño. Houbo obras si señor, pero foron unha chapuza digna das que facían a domicilio Pepe Gotera e Otilio, sobre todo, na estrada que vai dende O Carballiño ata o concello Maside. O que se fixo neste vial é digno de figurar neses libriños de "Antología del disparate" debido á enxeñosa disposición dos postes da luz ao longo desta carretera, xa que o enxeñeiro encargado das obras nun arrebato de xenialidade e inspiración tivo as seguintes ocorrencías:
E por se todo isto fóra pouco esquecéronse de por cubrición ás beirarrúas quedando o cemento á vista. Visto semellantes desporpósitos non sei como o equipo de goberno do Carballiñodespois de facer semellante "fumegada" teñen o valor de vir a nosa parroquia a pedir o voto para o seu partido. Eu dende logo non lle penso votar a estes señores tras semellantes chapuzas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/fumegadas-chapuzas-de-fumega-en-senorin
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/fumegadas-chapuzas-de-fumega-en-senorin
[3] whatsapp://send?text=Fumegadas (chapuzas de Fumega) en Señorín http://copecarballino.es/denunciacidada/fumegadas-chapuzas-de-fumega-en-senorin
[4] http://copecarballino.es/print/63023