Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta inicia as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 300.000 €

30, Maio 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta vén de comezar as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor, e que supoñen un investimento de preto de 300.000€.

Esta nova intervención, cun prazo de execución de 3 meses, desenvólvese en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.

As obras consisten na humanización deste tramo, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.

Os traballos comezaron polas demolicións, da beirarrúa e de parte da calzada, que se repoñerán mellorando a accesibilidade e a sección de firme afectada. Posteriormente realizarase unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.

No treito entre os puntos 1+686 e o 1+723 elevarase a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.

Ademais, entre os puntos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, disporase unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.

Tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.

Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e a colocación de nova sinalización.

Esta intervención completará a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-que-culminaran-humanizacion-da-travesia-da-ou-154-no-reino-en-pinor-cun

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-que-culminaran-humanizacion-da-travesia-da-ou-154-no-reino-en-pinor-cun [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-que-culminaran-humanizacion-da-travesia-da-ou-154-no-reino-en-pinor-cun [3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 300.000 € http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-que-culminaran-humanizacion-da-travesia-da-ou-154-no-reino-en-pinor-cun [4] http://copecarballino.es/print/63196