Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común insta ao Partido Popular a "avaliar a posibilidade de chegar a acordos que garantan 4 anos de estabilidade" no concello do Carballiño.

14, Xuño 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común apura o tempo político nesta cada vez mais próxima sesión de investidura de alcalde para este próximo sábado, e fai pública unha inivitación ao Partido Popular para explorar a posiblidade de acadar un acordo que garanta "catro anos de estabilidade e dea solucións aos cambios necesarios para O Carballiño".

Nun comunicado difundido hoxe, Espazo Común manifesta que trátase dun último intento "de desbloquear a situación do concello do Carballiño, ante a pasividade do actúal grupo de goberno do PSOE e a imposibilidade de resolver os problemas do Carballiño sen chegar a un goberno de coalición".

O candidato do PP, Lino González dixo tanto durante a campaña electoral como nestas últimas semanas que os cinco votos dos cinco concelleiros do seu grupo serían exclusivamente para o Partido Popular, e este pasado lúns Espazo Común aseguraba que votarían ao seu candidato Pachi Vázquez.  Agora, o tempo apremia, e calquera posibilidade de impedir que Fumega sexa reelixido alcalde pasa por un pacto ou cando menos un apoio para a sesión de investidura  entre Espazo Común e Partido Popular.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-partido-popular-avaliar-posibilidade-de-chegar-acordos-que-garantan-4

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-partido-popular-avaliar-posibilidade-de-chegar-acordos-que-garantan-4 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-partido-popular-avaliar-posibilidade-de-chegar-acordos-que-garantan-4 [3] whatsapp://send?text=Espazo Común insta ao Partido Popular a [4] http://copecarballino.es/print/63370