Desenrolado por coroa.es
A Xunta adxudicou por un importe de 940.758 euros as obras de mellora do firme en 4 estradas da autonómicas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro.
As actuacións, adxudicadas á empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.A., teñen como obxectivo o acondicionamento do firme nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en San Cristovo de Cea e Vilamarín.
A previsión é comezar os traballos ao longo do vindeiro mes de xullo co obxectivo de rematalos este mesmo ano, ao ter un prazo de execución de 6 meses.
As intervencións obxecto deste contrato consisten na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.
Ademais, os traballos incluirán outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-940000-euros-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-940000-euros-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do
[3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudica por 940.000 euros a mellora do firme en 4 estradas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-940000-euros-mellora-do-firme-en-4-estradas-ao-paso-polas-comarcas-do
[4] http://copecarballino.es/print/63482