Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Tres das Catro actuacións da Orquestra Paris de Noia na provincia de Ourense para este mes de xullo serán en Boborás: O Regueiro (dia10) Moldes (dia12) e Feás (dia 31)

9, Xullo 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Das catro actuacións previstas pola Orquestra Paris de Noia para este mes de xullo no que andamos na provincia de Ourense, tres delas serán no concello de Boborás, a outra única presenza para este mes da famosa orquestra galega no ámbito provincial será en Amoeiro. Este verán de 2023 a orquestra presenta o seu espectáculo "La Gira de la Ilusión".

A primeira das tres actuacións da Paris de Noia en Boborás durante este mes será o lúns dia 10, na parroquia do Regueiro, onde celebran a festividade do S. Sadurnín. Nesta localidade actúou o pasado dia 29 de xuño a orquestra Panorama, no dia do patrón S. Pedro.

Tamén esta mesma semana, o mércores dia 12,  a Paris de Noia amenizará a verbena no campo da festa de Moldes, no segundo dia das fesas de San Bieito. O dia anterior, o martes 11 faráo a orquestra Pontevedra.

E finalmente, a última visita da oquestra Paris de Noia ao concello de Boborás para este mes de xullo será o lúns dia 31, esa é a data programada para a súa actuación na parroquia de Feás.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/tres-das-catro-actuacions-da-orquestra-paris-de-noia-na-provincia-de-ourense-para-este-mes-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tres-das-catro-actuacions-da-orquestra-paris-de-noia-na-provincia-de-ourense-para-este-mes-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tres-das-catro-actuacions-da-orquestra-paris-de-noia-na-provincia-de-ourense-para-este-mes-de [3] whatsapp://send?text=Tres das Catro actuacións da Orquestra Paris de Noia na provincia de Ourense para este mes de xullo serán en Boborás: O Regueiro (dia10) Moldes (dia12) e Feás (dia 31) http://copecarballino.es/novas/tres-das-catro-actuacions-da-orquestra-paris-de-noia-na-provincia-de-ourense-para-este-mes-de [4] http://copecarballino.es/print/63532