Desenrolado por coroa.es
O balón comezou a rodar no primeiro adestramento dirixido por Javi Rei e os seus auxiliares no campo da Regueiriña de Barbantes, tras pasar nos últimos dias os preceptivos recoñecementos médicos, un total de 16 fútbolistas, incluidos os recén chegados, prepáranse xa para o desafio da histórica tempada do debút do Arenteiro na Primeira RFEF.
A falta aínda de completar a plantilla, xa están integrados no grupo os recén chegados: no corpo técnico o adestrador de porteiros Diego Rivas, e os futbolístas Thiago, Javi Moreno, Juan Delgado e o gardameta sub-23 Manu Figueroa. Xunto a eles todos os futbolistas da anterior tempada que renovaron a súa continuidade no Arenteiro: Diego García, Jordan, Vitra, Pol Bueso, Germán, Alex Fernández, Curro, Adrián Cruz, Pibe, Manín, Romay e Marquitos.
O primeiro partido de preparación será o sábado 29 de xullo en Ribadeo, tendo como rival á SD Ponferradina, recén descendido da Liga de Fútbol Profesional, e que este ano será rival do Arenteiro na Primeira RFEF. Ambos equipos desputaránse o "Trofeo do Camiño Xacobeo", os bercianos representarán ao camiño francés e o Arenteiro acude a Ribadeo como representante do camiño mozárabe, o coñecido tamén como a Ruta da Prata, que percorre pola nosa comarca a través dos concellos de Cea e Piñor.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-da-primeira-rfef-xa-esta-en-marcha-comezou-os-adestramentos-e-o-29-de-xullo-xogara
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-da-primeira-rfef-xa-esta-en-marcha-comezou-os-adestramentos-e-o-29-de-xullo-xogara
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro da Primeira RFEF xa está en marcha, comezou os adestramentos, e o 29 de xullo xogará en Ribadeo o primeiro partido de preparación ante a Ponferradina http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-da-primeira-rfef-xa-esta-en-marcha-comezou-os-adestramentos-e-o-29-de-xullo-xogara
[4] http://copecarballino.es/print/63572