Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A 15 minutos do Carballiño, descubrimos Carballedo, un bo exemplo de concello rural e dinámico. Escóitao aquí.

21, Xullo 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Apenas 15 minutos é o tempo que se tarda en recorrer a distancia que temos por estrada desde O Carballiño ás parroquias máis próximas do concello de Carballedo, que son as da Aguada ou Buciños, e pouco máis á Barrela, que é a capitalidade municipal desde concello, un dos máis extensos en superficie de toda Galicia, que vai desde a zona de montaña próxima ao mosteiro de Oseira ata a mesma Ribeira Sacra.

Carballedo é un universo de patrimonio natural, con rutas de sendeirismo, culturais, etnográficas, e auténticas xoias do románico na súa arquitectura relixiosa. Con boa gastronomía e boas comunicacións, Carballedo pode ser ademáis un bo exemplo do que pode ser un concello dinámico no ámbito rural.

Enlace ao video promocional do concello de Carballedo: 

http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/VIDEO/1/con... [5]

Descubrimolo neste programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, presentado por Xan Pinal, e coa colaboracíon desde a casa do concello de Carballedo de María Fernández, María Cabaleiro, Raquel Vázquez, Silvia Vázquez e Adrián Rodríguez. Escóitao aquí:

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/15-minutos-do-carballino-descubrimos-carballedo-un-bo-exemplo-de-concello-rural-e-dinamico

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/15-minutos-do-carballino-descubrimos-carballedo-un-bo-exemplo-de-concello-rural-e-dinamico [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/15-minutos-do-carballino-descubrimos-carballedo-un-bo-exemplo-de-concello-rural-e-dinamico [3] whatsapp://send?text=A 15 minutos do Carballiño, descubrimos Carballedo, un bo exemplo de concello rural e dinámico. Escóitao aquí. http://copecarballino.es/novas/15-minutos-do-carballino-descubrimos-carballedo-un-bo-exemplo-de-concello-rural-e-dinamico [4] http://copecarballino.es/print/63602 [5] http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/VIDEO/1/concelloCarballedo_videoOficial.mp4