Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Avión celebra as festas patronais e homenaxea á emigración coa festa mexicana. Escoita aquí toda a programación e outras propostas para non perderte neste concello.

4, Agosto 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A capitalidade municipal do concello de Avión vive desde o sábado 5 ao lúns 7 as súas festas patronais dedicadas aos santos Xusto e Pastor, e a San Roque, cun variado e atractivo programa de actividades festivas, que inclúe pasarrúas e concertos das bandas de música A Lira de Ribadavia e Municipal de Celanova, charangas, boas orquestras nas verbenas e tamén música tradicional cun concerto dos Coribantes de Pontecaldelas.

Tamén actividades de animación infantil e, por suposto, o maior espectáculo de pirotecnia que pode verse nas comarcas do Ribeiro-O Carballiño, programado para a unha da madrugada do domingo ao lúns.

De todo elo falamos neste programa co alcalde de Avión Antonio Montero Fernández, co que ademáis repasamos a actualidade municipal neste concello de Avión.

E para o próximo venres dia 11 de agosto  quedará aínda a celebración da Festa Mexicana de Avión, un evento festivo e gastrómico que foi indo a máis cada ano e que para esta edición de 2023 chega con varias novidades, e de todas elas e toda a súa programación conversamos coa coordenadora da organización, Isabel Gabían.

Escoita aquí o programa especial dos vernes de verán dedicado en COPE O Carballiño ao concello de Avión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/avion-celebra-festas-patronais-e-homenaxea-emigracion-coa-festa-mexicana-escoita-aqui-toda

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/avion-celebra-festas-patronais-e-homenaxea-emigracion-coa-festa-mexicana-escoita-aqui-toda [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/avion-celebra-festas-patronais-e-homenaxea-emigracion-coa-festa-mexicana-escoita-aqui-toda [3] whatsapp://send?text=Avión celebra as festas patronais e homenaxea á emigración coa festa mexicana. Escoita aquí toda a programación e outras propostas para non perderte neste concello. http://copecarballino.es/novas/avion-celebra-festas-patronais-e-homenaxea-emigracion-coa-festa-mexicana-escoita-aqui-toda [4] http://copecarballino.es/print/63655