Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "Igual de xente que todos os anos, pero menos gasto", balance unánime da hostalaría na semana da Festa do Pulpo. A Policia Local destaca a ausencia de incidencias cunha afluencia multitudinaria de visitantes a O Carballiño.

13, Agosto 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Desde a Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras, fai un balance moi satisfactorio do desenvolvemento da 61 edicicón da Festa do Pulpo, caracterizada pola ausencia de incidencias e "o gran compartamento cidadán" e pon en valor que "a tranquilidade desta festa a pesar de reunir a miles e miles de persoas é un gran activo do que podemos sentirnos orgullosos no Carballiño, creo que é un exemplo de bo ambiente festivo aínda que se xunten moitos miles de persoas".

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño víu "a mesma xente de cada ano, pero si observo que agora ven moitísima xente a O Carballiño que xa non vai ao parque e quédase no casco urbano".

Desde COPE O Carballiño pulsamos o termómetro de varios locais de hostalaría, e o balance é unánime tanto do desenvolvemento da semana como da afluencia de visitantes a O Carballiño no transcurso dos útlimos dias coincidindo xa coa fin de semana, estiveron a tope da súa capacidade, cunha frase que case é coincidente entre todos eles "igual de xente que todos os anos, pero con menos gasto". 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/igual-de-xente-que-todos-os-anos-pero-menos-gasto-balance-unanime-da-hostalaria-na-semana-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/igual-de-xente-que-todos-os-anos-pero-menos-gasto-balance-unanime-da-hostalaria-na-semana-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/igual-de-xente-que-todos-os-anos-pero-menos-gasto-balance-unanime-da-hostalaria-na-semana-da [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/63702