Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Puzo do Lago acolle esta fin de semana, sábado e domingo, a Festa do Cabalo de Maside. Consulta aquí a programación.

18, Agosto 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A paraxe natural do Puzo do Lago volve ser o escenario para a celebración dunha nova edición da Festa do Cabalo de Maside, a gran festa do cabalo da nosa comarca, con diversas actividades que están programadas para esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20.

O sábado, desde as catro a tarde terá lugar unha ruta técnica con premios para os mellores, e as 20:30 horas unha exhibición de de trote enganchado, xa finalmente ás 22:00 horas unha cea con animación musical. No dia grande da festa, o domingo, o programa iníciase coa medición dos cabalos ás 9:30 horas.

Seguidamente, comezará o concurso de andadura chapeada e serrada, trote e exhibición de cabalos de arrastre. Ao mediodia, xantar popular, e pola tarde unha xinkana, concursos de dandadura serrada e galope, e finalmente a partir das 19:00 horas a tradicional carreira de burros e a entrega de premios.

No programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado neste 18 de agosto ao concello de Maside podes escoitar a entrevista con Lano Botana e Enríque López, responsables de organización da 35 edición desta Festa do Cabalo de Maside.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-puzo-do-lago-acolle-esta-fin-de-semana-sabado-e-domingo-festa-do-cabalo-de-maside-consulta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-puzo-do-lago-acolle-esta-fin-de-semana-sabado-e-domingo-festa-do-cabalo-de-maside-consulta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-puzo-do-lago-acolle-esta-fin-de-semana-sabado-e-domingo-festa-do-cabalo-de-maside-consulta [3] whatsapp://send?text=O Puzo do Lago acolle esta fin de semana, sábado e domingo, a Festa do Cabalo de Maside. Consulta aquí a programación. http://copecarballino.es/novas/o-puzo-do-lago-acolle-esta-fin-de-semana-sabado-e-domingo-festa-do-cabalo-de-maside-consulta [4] http://copecarballino.es/print/63723