Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Repasamos a actualidade festiva e municipal do concello de Maside no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño. Escóitao aquí.

18, Agosto 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Nova entrega dos especiais dos venres de verán en COPE O Carballiño, desta vez presentado por Lolo Carril desde a casa do concello de Maside, e no inicio dun amplo ciclo festivo e xenuinamente masidao, que abre a Festa do Cabalo no Puzo do Lago esta fin de semana do 19 e 20 de agosto, continuará cos festas de San Vitorio e completaráse o 3 de setembro coa Romaría da Rañoa.

O alcalde José Manuel Iglesias repasa algunhos dos proxectos importantes para este novo mandato municipal, como son o parque empresarial intermunicipal Maside-O Carballiño, a reforma da rúa principal da vila de Maside, ou as actuacións previstas no antigo colexio da Alameda para convertilo nun gran centro cultural e multifuncional.

No programa tamén podemos escoitar a Maria Luisa Rodríguez e Belén Fernández, promotoras das CASAS DO MAIOR de Maside e Dacón, respectivamente, que xunto a usuarias Lina e Fina fálannos do día a día nestas dáus casas do maior que están abertas no municipio.

Tamén coñecemos a Alberto Taboada e o seu proxecto singular como emprendedor turístico no lugar de Manzós, na parroquia de Louredo. Mentres, co arqueólogo Andrés Rodríguez achegámonos á intervención que o concello masidao está promovendo na zona arqueolóxica de Santa Mariña.

O presidente da Coral "A Torre" de Maside, José Manuel Pascual, detállanos o programa do clásico Festival de Corais que cada verán celébrase en Maside, o deste ano será este sábado dia 19 de agosto a partir das 20:00 horas na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.

E finalmente, Lalo Botana e Enríque López, achegan á audiencia de COPE O Carballiño toda a programación de actividades para esta fin de semana no Puzo do Lago, sábado 19 e domingo 20, con motivo da celebración da 35 edición da Festa do Cabalo de Maside.

Escóitao no audio adxunto:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/repasamos-actualidade-festiva-e-municipal-do-concello-de-maside-no-programa-especial-dos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/repasamos-actualidade-festiva-e-municipal-do-concello-de-maside-no-programa-especial-dos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/repasamos-actualidade-festiva-e-municipal-do-concello-de-maside-no-programa-especial-dos [3] whatsapp://send?text=Repasamos a actualidade festiva e municipal do concello de Maside no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño. Escóitao aquí. http://copecarballino.es/novas/repasamos-actualidade-festiva-e-municipal-do-concello-de-maside-no-programa-especial-dos [4] http://copecarballino.es/print/63724