Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo abre a matricula gratuíta para un novo curso na súa escola.

23, Agosto 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A escola da Banda de gaitas e danzas O Irixo retoma a súa actividade o sábado 9 de setembro, despois dun curso repleto de actuacións en numerosas festas parroquiais e en eventos da contorna, como a I Romería das Pulpeiras en O Carballiño ou a XXXIV Festa da Istoria de Ribadavia, na que participarán o vindeiro 26 de agosto.

Este novo curso contará con clases de gaita, percusión e baile tradicional galego, que se impartirán no local social anexo ao CEIP Virxe da Pena da Sela en O Irixo. As clases individuais e colectivas, así como os ensaios grupais, impartiranse todos os sábados xeralmente en horario de mañá.

En canto á inscrición de novos alumnos, destacan que a matrícula será gratuíta e poderá efectuarse en calquera momento do curso, ainda que recomendan facelo nos inicios do mesmo para completar a formación anual. A cuota mensual establécese en 10€ para maiores de 8 anos e gratis para menores desta idade, e permitirá participar en tódalas actividades ofertadas. Recordan que para máis información poden contactar por redes sociais ou presencialmente no local de ensaio.

Dende a agrupación fan un chamamento para animar ao público xeral a que se unan a este equipo, xente comprometida coa nosa cultura e tradición, o cal a día de hoxe xa conta cunha plantilla de 40 persoas matriculadas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-abre-matricula-gratuita-para-un-novo-curso-na-sua-escola

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-abre-matricula-gratuita-para-un-novo-curso-na-sua-escola [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-abre-matricula-gratuita-para-un-novo-curso-na-sua-escola [3] whatsapp://send?text=A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo abre a matricula gratuíta para un novo curso na súa escola. http://copecarballino.es/novas/banda-de-gaitas-e-danzas-do-irixo-abre-matricula-gratuita-para-un-novo-curso-na-sua-escola [4] http://copecarballino.es/print/63748