Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Castro da Cidá acolle o 2º Festival Céltico do concello de San Amaro

2, Setembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá á inauguración do II Festival Céltico de San Amaro, no Castro de San Cibrán de Lás, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. A "Cidá" convértese hoxe nunha xornada festiva que reivindica as raíces deste pobo nun enclave patrimonial de referencia na provincia e que o Concello de San Amaro trata de poñer en valor a través da organización deste festival.

Nesta edición, os asistentes poderán gozar da ampla e variada programación que inclúe actuacións musicais a cargo do grupo Gaeloc e o grupo Zurrumalla, xogos para a rapazada, danza cerimonial coa actuación de Dar Trela Teatro e Percusión Ancestral, así como a recreación histórica das asociacións Tir Na Og e Terra Cópora.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-castro-da-cida-acolle-o-2o-festival-celtico-do-concello-de-san-amaro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-castro-da-cida-acolle-o-2o-festival-celtico-do-concello-de-san-amaro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-castro-da-cida-acolle-o-2o-festival-celtico-do-concello-de-san-amaro [3] whatsapp://send?text=O Castro da Cidá acolle o 2º Festival Céltico do concello de San Amaro http://copecarballino.es/novas/o-castro-da-cida-acolle-o-2o-festival-celtico-do-concello-de-san-amaro [4] http://copecarballino.es/print/63809