Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cambios no programa festivo pola previsión de chuvia: a orquestra Panorama traslada a súa actuación ao lúns 18. Consulta aquí todas as modificacións previstas.

15, Setembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A comisión de festas do San Cibrán comunica cámbios na programación prevista e a causa, explican, das previsións de chuvia para os próximos dias no Carballiño.

Desta maneira,  as bandas de música realizarán os concertos na Igrexa do Asilo. A Agrupación Musical de Boborás ofrecerá o seu concerto este sábado dia 16 ás 12:30. horas e a Agrupación Musical da Limia faráo o  domingo 17 ás 13 horas 

A Orquestra Nueva Fuerza mantén a súa actuación nestas festas do setembro o domingo 17, pero con novos horarios que serán  de 21 a 22 h o primeiro pase, e o segundo será de 00:00 a 02:00 horas.

Sen dúbida, o cámbio máis notable será o da.orquestra Panorama, que traslada a súa actuación incialmente programada para o domingo e pasará ao lúns 18, remarcan desde a comisión de festas que debido ás altas probabilidades de chuvias na noite do domingo. Asi que para adaptar os horarios do lúns 18, a orquestra Ritmo Joven realizará o primeiro pase ás 19 h ata as 21 h, logo a Panorama actuará dende as 22:30 ata as 00:30, Ritmo Joven fará o segundo pase de 00:30h ata a 01:30 e o último pase de Panorama a partir da 01:30 da noite, xa madrugada do martes 19.

Non se descartan outros posibles cambios ou suspensións no programa festivo para este San Cibrán 2023, dos que en COPE O Carballiño informarémos puntualmente.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cambios-no-programa-festivo-pola-prevision-de-chuvia-orquestra-panorama-traslada-sua-actuacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cambios-no-programa-festivo-pola-prevision-de-chuvia-orquestra-panorama-traslada-sua-actuacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cambios-no-programa-festivo-pola-prevision-de-chuvia-orquestra-panorama-traslada-sua-actuacion [3] whatsapp://send?text=Cambios no programa festivo pola previsión de chuvia: a orquestra Panorama traslada a súa actuación ao lúns 18. Consulta aquí todas as modificacións previstas. http://copecarballino.es/novas/cambios-no-programa-festivo-pola-prevision-de-chuvia-orquestra-panorama-traslada-sua-actuacion [4] http://copecarballino.es/print/63865