Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Xunta asinan o convenio para construir o novo centro de saúde do Carballiño na parcela da estación de autobuses: terá 4.500 m2 construídos.

17, Outubro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega Piñeiro, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción do novo centro de saúde desta localidade, nun acto ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, e o xerente da área sanitaria Félix Rubial.

Tal e como detallou o conselleiro, o novo centro de saúde terá 4.500 metros cadrados e disporá de 22 consultas, área de saúde bucodental, despacho de traballador social, área de asistencia pacientes infecciosos, catro salas polivalentes, toma de mostras, área pediátrica con 4 consultas, área da muller con dúas consultas, área de fisioterapia, consulta de farmacia e sala de docencia. Respecto ao punto de atención continúa -PAC- terá 6 consultas e na área de saúde mental disporase de 3 consultas e despacho de saúde pública.

O Concello do Carballiño levará a cabo, en relación á parcela da estación de autobuses, a cualificación urbanística axeitada, mentres que a Xunta asume o compromiso de contratación do proxecto e obra, que ademais queda exenta dos impostos locais segundo este convenio. Ao respecto, Comesaña valorou moi positivamente o traballo do Concello e o consenso maioritario da corporación, que aprobou este convenio para que o centro de saúde sexa unha realidade.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-asinan-o-convenio-para-construir-o-novo-centro-de-saude-do-carballino-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-asinan-o-convenio-para-construir-o-novo-centro-de-saude-do-carballino-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-asinan-o-convenio-para-construir-o-novo-centro-de-saude-do-carballino-na [3] whatsapp://send?text=Concello e Xunta asinan o convenio para construir o novo centro de saúde do Carballiño na parcela da estación de autobuses: terá 4.500 m2 construídos. http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-asinan-o-convenio-para-construir-o-novo-centro-de-saude-do-carballino-na [4] http://copecarballino.es/print/64023