Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello do Carballiño traballa na elaboración dun plan de mobilidade para as rúas do casco urbano. Escoita aquí a entrevista ao concelleiro Alberto Otero, que repasa diversos asuntos da actualidade municipal.

20, Novembro 2023 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concelleiro de persoal, seguridade, emerxencias, mobilidade, administración xeral, rexime interior e obras do concello do Carballiño, Alberto Otero repasa en COPE O Carballiño a actividade das súas áreas, respondendo ás preguntas dos e das ointes desta emisora de radio.

Entre outros asuntos, o concelleiro atendeu queixas sobre o deficiente estado de varias rúas, e mesmo anunciou que o concello xa traballa nun plan de mobilidade para mellorar o tráfico e a seguridade no casco urbano do Carballiño. Tamén asegurou que antes de rematar o ano comezarán as obras de reforma integral da rúa Ourense.

No audio adxunto podes escoitar a intervención radiofónica do concelleiro carballiñés.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-traballa-na-elaboracion-dun-plan-de-mobilidade-para-ruas-do-casco

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-traballa-na-elaboracion-dun-plan-de-mobilidade-para-ruas-do-casco [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-traballa-na-elaboracion-dun-plan-de-mobilidade-para-ruas-do-casco [3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño traballa na elaboración dun plan de mobilidade para as rúas do casco urbano. Escoita aquí a entrevista ao concelleiro Alberto Otero, que repasa diversos asuntos da actualidade municipal. http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-traballa-na-elaboracion-dun-plan-de-mobilidade-para-ruas-do-casco [4] http://copecarballino.es/print/64181