Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reúnese co alcalde e empresarios de San Cristovo de Cea para avaliar as oportunidades laborais da zona

14, Xaneiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo este domingo unha xuntanza co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e empresarios do concello e da súa contorna na que abordaron as necesidades en materia de emprego da zona e os programas que se desenvolven neste eido neste municipio a través da colaboración que manteñen a Xunta e a Administración local.

Un dos temas principais que se abordaron na xuntanza foron as ferramentas coas que conta a Xunta para facer fronte ás 15.000 vacantes laborais que existen na actualidade no mercado de traballo de Galicia. Así, a conselleira e o alcalde acordaron seguir a avanzar na importancia de ofrecer ás persoas sen emprego unha formación axustada ás demandas do tecido empresarial.

Rivo explicou que a Consellería está nun proceso de escoita para poder reforzar a colaboración entre as administracións para que as persoas que xa están traballando, como as que buscan emprego, continúen formándose para o seu perfecto encaixe no mercado laboral.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/conselleira-de-promocion-do-emprego-e-igualdade-reunese-co-alcalde-e-empresarios-de-san

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-promocion-do-emprego-e-igualdade-reunese-co-alcalde-e-empresarios-de-san [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-promocion-do-emprego-e-igualdade-reunese-co-alcalde-e-empresarios-de-san [3] whatsapp://send?text=A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reúnese co alcalde e empresarios de San Cristovo de Cea para avaliar as oportunidades laborais da zona http://copecarballino.es/novas/conselleira-de-promocion-do-emprego-e-igualdade-reunese-co-alcalde-e-empresarios-de-san [4] http://copecarballino.es/print/64436