Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Deputación colaborará co concello de Maside na reforma da casa da cultura, asi como na mellora de equipamentos deportivos e a rede viaria municipal.

19, Xaneiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Deputación de Ourense fai posible a reforma da cuberta e o acondicionamento das fachadas do edificio que alberga a Casa de Cultura de Maside. Así o salientou o presidente da Deputación, Luis Menor, durante o encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, para repasar as actuacións levadas a cabo en colaboración coa institución provincial.

Durante a xuntanza, Luis Menor lembrou que o Concello de Maside percibirá máis de 800.000 euros ao longo do mandato 2023-2027 a través do Plan CooperOU. Tamén analizaron posibles liñas de cooperación para futuras actuacións en materia de infraestruturas deportivas e viarias do municipio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-co-concello-de-maside-na-reforma-da-casa-da-cultura-asi-como-na-mellora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-co-concello-de-maside-na-reforma-da-casa-da-cultura-asi-como-na-mellora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-co-concello-de-maside-na-reforma-da-casa-da-cultura-asi-como-na-mellora [3] whatsapp://send?text=A Deputación colaborará co concello de Maside na reforma da casa da cultura, asi como na mellora de equipamentos deportivos e a rede viaria municipal. http://copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-co-concello-de-maside-na-reforma-da-casa-da-cultura-asi-como-na-mellora [4] http://copecarballino.es/print/64458