Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Principio de acordo entre os bombeiros dos parques comarcais e consorcios para desconvocar a folga dos últimos meses, co compromiso de redactar un novo convenio colectivo e unha nova RPT.

1, Febreiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Representantes dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento e das forzas sindicais dos bombeiros comarcais mantiveron este xoves dia 1 de febreiro unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses, según informa nun comunicado a Xunta.

O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais repartidos por toda a xeografía galega, entre eles o do Carballiño-Ribeiro, con sede no parque empresarial do Carballiño

No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/principio-de-acordo-entre-os-bombeiros-dos-parques-comarcais-e-consorcios-para-desconvocar

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/principio-de-acordo-entre-os-bombeiros-dos-parques-comarcais-e-consorcios-para-desconvocar [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/principio-de-acordo-entre-os-bombeiros-dos-parques-comarcais-e-consorcios-para-desconvocar [3] whatsapp://send?text=Principio de acordo entre os bombeiros dos parques comarcais e consorcios para desconvocar a folga dos últimos meses, co compromiso de redactar un novo convenio colectivo e unha nova RPT. http://copecarballino.es/novas/principio-de-acordo-entre-os-bombeiros-dos-parques-comarcais-e-consorcios-para-desconvocar [4] http://copecarballino.es/print/64514