Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Pachi Vázquez compromete un plan de choque demográfico para a provincia que inclúe solo industrial a custo cero, bonificacións fiscais para empresas e autónomos e axudas á conciliación e vivenda.

9, Febreiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, ofreceu o primeiro mitin desta campaña na súa terra, O Carballiño, acompañado do número dous da candidatura Xosé Manuel Mosquera, tamén veciño da comarca, e de María Quintas.

Baixo o lema “Ourense, a chave de Galicia”, Vázquez defendeu ante os asistentes que encheron a Casa da Cultura, a importancia de que Ourense conte, afirmando que “hai espazo para unha formación galeguista e que defenda os intereses da provincia e que queira cambiar as cousas”.

Explicou que en Ourense “somos os primeiros en ter as pensións mais baixas, os salarios mais baixos, a taxa de natalidade mais baixa, e cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos”. “Esto é un desastre e hai que cambiar”, dixo, e ese é o obxectivo de Espazo Común Galeguista, ocupar o centro esquerda e, no caso da candidatura de Ourense, conseguir que a nosa provincia conte.

Para elo presenta un plan de choque demográfico con cinco medidas: Posta a disposición de solo industrial a custo cero durante dez anos, bonificación fiscal do 50% para as empresas que se instalen na provincia, bonificación fiscal do 50% para os autónomos domiciliados na provincia, conciliación laboral con guarderías gratuitas e un plan de axuda á vivenda”.

Indicou que “mentres outras formacións apostan por seguir facendo cada vez mais xeriátricos, nos queremos xerar oportunidades de emprego para que as familias queiran vivir en Ourense”.

Vázquez pediu o voto a todos aqueles que queren que a Galicia do interior teña voz na Xunta, destacando que un deputado de Espazo Común Galeguista no Parlamento galego pode definir un futuro de oportunidades para Ourense.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-compromete-un-plan-de-choque-demografico-para-provincia-que-inclue-solo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-compromete-un-plan-de-choque-demografico-para-provincia-que-inclue-solo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-compromete-un-plan-de-choque-demografico-para-provincia-que-inclue-solo [3] whatsapp://send?text=Pachi Vázquez compromete un plan de choque demográfico para a provincia que inclúe solo industrial a custo cero, bonificacións fiscais para empresas e autónomos e axudas á conciliación e vivenda. http://copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-compromete-un-plan-de-choque-demografico-para-provincia-que-inclue-solo [4] http://copecarballino.es/print/64556