Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Comarca do Carballiño entre as 4 de toda Galicia con maís apoio ao Partido Popular, que rebasa o 60% dos votos, 9.038, según os datos provisionais. Mellor resultado histórico para o BNG, 2.904 votos, e pior para o PSOE, con apenas 1.512 votos

18, Febreiro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Comarca do Carballiño deu a Alfonso Rueda un dos apoios porcentuais maís altos entre todas as comarcas do territorio galego, tan so igualado por A Baixa Limia, Xallas e Deza, superando o 60% dos votos escrutados nas eleccións deste 18F, según os datos provisionais.

O Partido Popular obtivo 9.038 votos na suma dos 9 concellos da comarca carballiñesa para Alfonso Rueda, son 400 votos máis que os que tivo o Partido Popular na comarca do Carballiño con Feijóo fai catro anos. 

O BNG de Ana Pontón alcanzou, tamén na comarca, o mellor resultado histórico para a formación nacionalista nunhas eleccións, ao sumar un total de 2.904 votos, mentres que os socialistas tamén tiveron outro resultado histórico, o pior que recorda o PSOE, con apenas 1.484 votos no cómputo comarcal, sempre según os datos provisionais.

Democracia Ourensana, con 523 votos e Espazo Común Galeguista, con 357 sufraxios, completan o ranking comarcal nas cinco primeiras posicións nestas eleccións autonómicas de 2024.

Por concellos, os mellores resultados para os populares foron en Beariz co 83,86% do voto emitido e Boborás, onde sumaron o 73,44% das papeletas depositadas este dominto nas urnas. E onde menos apoio tiveron os populares, aínda que en ambos casos con maioria absoluta, fornon Maside co 55,88 e Punxín, co 53,43%.

No concello do Carballiño, o Partido Popular consigue máis votos que fai catro anos con Feijóo, xa que nestas eleccións os populares obtiveron 4.168 votos para sumar á maioria absoluta de Alfonso Rueda.

Tras o PP, que foi arrasou en todos os concellos, a segunda candidatura con máis votos en todos os municipios foi o BNG, cunha excepción, a de Maside, o único concello da comarca onde os socialistas foron segundos, aínda que podemos falar de empate técnico, xa que o PSOE tivo 293 votos por 291 do BNG, apenas 2 votos de diferencia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-entre-4-de-toda-galicia-con-mais-apoio-ao-partido-popular-que-rebasa-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-entre-4-de-toda-galicia-con-mais-apoio-ao-partido-popular-que-rebasa-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-entre-4-de-toda-galicia-con-mais-apoio-ao-partido-popular-que-rebasa-o [3] whatsapp://send?text=A Comarca do Carballiño entre as 4 de toda Galicia con maís apoio ao Partido Popular, que rebasa o 60% dos votos, 9.038, según os datos provisionais. Mellor resultado histórico para o BNG, 2.904 votos, e pior para o PSOE, con apenas 1.512 votos http://copecarballino.es/novas/comarca-do-carballino-entre-4-de-toda-galicia-con-mais-apoio-ao-partido-popular-que-rebasa-o [4] http://copecarballino.es/print/64604