Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 66 anos despóis da súa concesión, a corporación municipal acorda retirar a medalla de ouro do Carballiño ao dictador Francisco Franco

2, Maio 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O recoñecemento fóralle concedido a Francisco Franco no ano 1958, asi pois, 66 anos despóis o pleno do Carballiño acordou por unanimidade de todos os grupos poíticos representados  na actúal corporación corporación, retirarlle esa distinción, a medalla de ouro do Carballiño.

Ademáis, a corporación gardou un minuto de silencio, con concelleiras e concelleiras, postos en pe en memoria e homenaxe de todas as vítimas da dictadura franquista.

“O Concello, tomando en consideración a política internacional de resarcir ás vítimas de violacións dos dereitos humanos ao que se adheriu o Estado español no ano 1977, asinando o pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas, e a Recomendación da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa do 17 de marzo de 2006, levou a consideración dos grupos municipais tomar o acordo de proceder a esta retirada”, manifestou o alcalde Francisco Fumega.

Engadíu que  “tendo en conta as disposicións recollidas na Lei de Memoria Democrática, cuxo fin é o recoñecemento, reparación e dignificación das vítimas do golpe de estado, da guerra civil e da dictadura franquista, a revogación tamén pode levarse a cabo a título póstumo tras o falecemento”, subliñou o rexedor municipal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/66-anos-despois-da-sua-concesion-corporacion-municipal-acorda-retirar-medalla-de-ouro-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/66-anos-despois-da-sua-concesion-corporacion-municipal-acorda-retirar-medalla-de-ouro-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/66-anos-despois-da-sua-concesion-corporacion-municipal-acorda-retirar-medalla-de-ouro-do [3] whatsapp://send?text=66 anos despóis da súa concesión, a corporación municipal acorda retirar a medalla de ouro do Carballiño ao dictador Francisco Franco http://copecarballino.es/novas/66-anos-despois-da-sua-concesion-corporacion-municipal-acorda-retirar-medalla-de-ouro-do [4] http://copecarballino.es/print/65294