Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Xunta avalian proxectos de xestión de residuos, saneamento e conservación do patrimonio natural no municipio bearicense.

15, Maio 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, avaliaron o proxecto municipal para dotar de saneamento o núcleo de Ratel.

Durante unha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela, estudaron a actuación prevista, que ten como obxectivo recoller as augas residuais deste núcleo de poboación e tratalas nunha foxa séptica. A maiores, acordaron que Augas de Galicia avaliará unha proposta de actuación na rede de saneamento municipal que proximamente remitirá o Concello.

Deste xeito, a Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.

A maiores, no encontro tamén abordaron outras cuestións como a xestión de residuos ou a conservación do patrimonio natural. Nesa liña, cómpre lembrar que Beariz forma parte da ZEC Serra do Cando e Serra do Candán, incluída dentro da Rede Natura.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-avalian-proxectos-de-xestion-de-residuos-saneamento-e-conservacion-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-avalian-proxectos-de-xestion-de-residuos-saneamento-e-conservacion-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-avalian-proxectos-de-xestion-de-residuos-saneamento-e-conservacion-do [3] whatsapp://send?text=Concello e Xunta avalian proxectos de xestión de residuos, saneamento e conservación do patrimonio natural no municipio bearicense. http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-avalian-proxectos-de-xestion-de-residuos-saneamento-e-conservacion-do [4] http://copecarballino.es/print/65460