Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta adxudica por 3,7 millóns de euros a renovación do firme na autovía AG-53 entre Cea e Punxín.

23, Maio 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras da renovación extraordinaria do firme da autovía autonómica Dozón-Ourense (AG-53), entre o enlace de Cea e a A-52.

O contrato, adxudicado á UTE Civis Global-Covsa, asinarase nas vindeiras semanas e os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de xullo.

Esta actuación centrarase na reparación do pavimento existente e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada do treito de 13 km entre o enlace de Cea, no quilómetro 74+200, e o final da autovía, no enlace coa estrada autonómica OU-402 e a A-52, no punto 87+200.

As obras, que contarán cun prazo de execución de 4 meses, executaranse neste treito da autovía, de dobre calzada con 2 carrís de 3,5 metros, beiravías exteriores de 2,5 metros e beiravías interiores de 1 metro.

Os traballos incluirán intervencións nunha superficie aproximada de 273.000 m2, incluídos os ramais do enlace coa OU-402 e coa A-52, ademais duns 10.000 m2 en carrís adicionais.

O adxudicatario deste contrato tamén deberá revisar a adecuación das barreiras de seguridade á normativa vixente, tanto metálicas como de formigón, incluída a barreira existente na mediana, acometéndose as modificacións precisas para a súa adaptación en caso contrario.

Finalmente os traballos completaranse co repintado das marcas viarias e a reposición do balizamento afectado polas obras.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-37-millons-de-euros-renovacion-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-cea-e-punxin

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-37-millons-de-euros-renovacion-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-cea-e-punxin [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-37-millons-de-euros-renovacion-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-cea-e-punxin [3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudica por 3,7 millóns de euros a renovación do firme na autovía AG-53 entre Cea e Punxín. http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-por-37-millons-de-euros-renovacion-do-firme-na-autovia-ag-53-entre-cea-e-punxin [4] http://copecarballino.es/print/65556