Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "A Vera Cruz de Antonio Palacios", de Rafael Otero, recibe o premio Losada Diéguez

16, Xuño 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou que os Premios Antón Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”. Fíxoo no acto de entrega dos galardóns da XXXIX edición ao que asistiu co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e no que tamén estivo o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.

López Campos puxo en valor o prestixio destas distincións que convocan cada ano os concellos de Boborás e O Carballiño e que foron entregados no Pazo de Moldes, onde naceu o intelectual galeguista. O conselleiro apuntou que estes premios se teñen convertido, ao longo das súas case catro década de vida, “nunha das citas máis emblemáticas do panorama literario galego”.

O responsable do departamento de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a “inmensa honra” que lles debe supor para os autores e autoras premiadas estar tar vencellados ao nome de Losada Diéguez, do que enxalzou o seu o compromiso galeguista como membro da Irmandades da Fala, impulsor da revista e grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega. De igual xeito, encadrou estes galardóns como unha “merecida e xusta homenaxe” ao labor que desenvolveu a prol do recoñecemento e valor da cultura galega.

Nesta edición, premiouse na modalidade de ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, editada polo Centro de Estudos Carballiñeses, sobre o arquitecto Palacios. Na categoría de creación literaria, premiouse a obra Quen escribirá a miña historia?, editada por Galaxia e escrita por Iria Morgade e que está ambientada no Mosteiro de Oia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/vera-cruz-de-antonio-palacios-de-rafael-otero-recibe-o-premio-losada-dieguez

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vera-cruz-de-antonio-palacios-de-rafael-otero-recibe-o-premio-losada-dieguez [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vera-cruz-de-antonio-palacios-de-rafael-otero-recibe-o-premio-losada-dieguez [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/65964