Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Fernando Blanco proxecta o cruceiro máis alto do mundo para a rotonda da Fontela. Escoita aquí a entrevista.

17, Xuño 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O proxecto conta co apoio do concello de Maside e xa está avanzada a tramitación da autorización do Ministerio de Transportes, que é o titular da vía na que se ubica esta rotonda da Fontela, á entrada do Carballiño aínda que dentro do termo municpal de Maside.

A obra ideada polo arquitécto carballiñés Fernando Blanco Guerra é "un cruceiro tridimensional de 9 metros de altura, inspirado no Templo da Veracruz", pasará a ser o cruceiro máis grande do mundo, según acredita o seu autor. Construiráse en pedra azul de Pena Corneira, superpoñendo varias pezas, coroado cunha cruz de catro brazos.

Escoita no PODCAST a entrevista de Xan Pinal a Fernando Blanco, no que da conta dos diversos detalles da obra, que agarda estea culminada antes de rematar este ano 2024.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/fernando-blanco-proxecta-o-cruceiro-mais-alto-do-mundo-para-rotonda-da-fontela-escoita-aqui

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fernando-blanco-proxecta-o-cruceiro-mais-alto-do-mundo-para-rotonda-da-fontela-escoita-aqui [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fernando-blanco-proxecta-o-cruceiro-mais-alto-do-mundo-para-rotonda-da-fontela-escoita-aqui [3] whatsapp://send?text=Fernando Blanco proxecta o cruceiro máis alto do mundo para a rotonda da Fontela. Escoita aquí a entrevista. http://copecarballino.es/novas/fernando-blanco-proxecta-o-cruceiro-mais-alto-do-mundo-para-rotonda-da-fontela-escoita-aqui [4] http://copecarballino.es/print/65981