Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os 11 concelleiros que suman PSOE e PP asinan o acordo para gobernar xuntos o concello do Carballiño

19, Xuño 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A totalidade dos concelleiros e concelleiras de ambos os dous grupo políticos no concello do Carballiño, os seis edís socialistas e os cinco do grupo popular asinaron o documento que recolle o acordo para gobernar xuntos o concello carballiñés nos próximos tres anos.

Desta maneira, os once concelleiros que suman PSOE e PP no concello carballiñés apoiaron estampando a súa sinatura o pacto establecido entre os dous grupos na corporación municipal.

No pleno extraordinario celebrado esta mañá convocado por Espazo Común para analizar a situación política no concello do Carballiño, Pachi Vázquez tildou de "monaguillos de Fumega" aos concelleiros do grupo popular, e pedíulle a Fumega que presentara a súa demisión para propiciar "un goberno municipal de centro esquerda no Carballiño".

Pola súa parte Fumega ractifiou a validez do acordo pese á desautorización da Executiva do PSdeG, defendo o acordo en clave local "este é un acordo do Carballiño polo Carballiño" e asegurou contar co apoio e autorización do executiva local do PSOE "que é o que me importa", dixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-11-concelleiros-que-suman-psoe-e-pp-asinan-o-acordo-para-gobernar-xuntos-o-concello-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-11-concelleiros-que-suman-psoe-e-pp-asinan-o-acordo-para-gobernar-xuntos-o-concello-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-11-concelleiros-que-suman-psoe-e-pp-asinan-o-acordo-para-gobernar-xuntos-o-concello-do [3] whatsapp://send?text=Os 11 concelleiros que suman PSOE e PP asinan o acordo para gobernar xuntos o concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/os-11-concelleiros-que-suman-psoe-e-pp-asinan-o-acordo-para-gobernar-xuntos-o-concello-do [4] http://copecarballino.es/print/66018