Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común abandona o pleno do concello tras acusar aos socialistas de "traidores, tránsfugas e corruptos". Desde o goberno pidenlle a Pachi Vazquez que "non monte o circo e traballe polo Carballiño"

18, Xullo 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Desde Espazo Común xustifican o abandono do pleno que celebraba esta mañá a corporación municipal do Carballiño "despóis de esixirlle ao alcalde Fumega que aclarara se conto co apoio do seu partido para o pacto co PP porque no caso de non ser asi estamos a ante un claro caso de transfuguismo e corrupción política".

Xa fora da casa do concello, no exterior da casa do concello, Pachi Vázquez chamou "traidores, tránsfugas e corruptos" a socialistas e populares, que presentaban ante o pleno ao novo goberno municicipal conformado por ambos grupos.

Desde o grupo socialista, o seu portavoz Diego Fernández, en manifestacións a COPE O Carballiño, lamentaba que Espazo Común montase "o circo desta mañá" e negaba que houbese transfuguismo, e referíase a Pachi Vázquez e ao resto de concelleiros de Espazo Común como exemplo de tránfugas.

Podes escoitálos no PODCAST de COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-abandona-o-pleno-do-concello-tras-acusar-aos-socialistas-de-traidores-transfugas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-abandona-o-pleno-do-concello-tras-acusar-aos-socialistas-de-traidores-transfugas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-abandona-o-pleno-do-concello-tras-acusar-aos-socialistas-de-traidores-transfugas [3] whatsapp://send?text=Espazo Común abandona o pleno do concello tras acusar aos socialistas de [4] http://copecarballino.es/print/66466