Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A alcaldesa do Irixo convoca á corporación a unha reunión informativa sobre o orzamento municipal. O PP lamenta que non queira negociar e avanza que non acudirá á convocatoria.

13, Agosto 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A alcaldesa do Irixo trata de reconducir a situación, despóis de que a o proxecto de orzamento que presentara ante o pleno fora rexeitado pola corporación, ao votar en contra un dos concelleiros do grupo de goberno, Juan Manuel Villanueva, e os catro concelleiros do Partido Popular.

Agora, a rexedora municipal, Susana Iglesias, convocou mediante unha mensaxe de Whatssap aos concelleiros da corporación para este mércores 14 ás 12 do mediodia, e coa idea de que o interventor dea a coñecerlle o documento cos orzamentos que pretende poidan aprobarse no próximo pleno que celebre a corporación.

O Partido Popular lamenta esta convocatoria e que a alcaldesa non se sente a negociar "porque parece que aínda non caeu na conta de que está en minoria, e se quere unhos orzamentos ten que negocialos", manifestou en COPE O Carballiño o portavoz popular Manuel Cerdeira "Lito", que ademáis avanzou que o seu grupo non acudirá a esta convocatoria.

No audio adxunto podes escoitar a intervención do portavoz do Partido Popular, Manuel Cerdeira "Lito":

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-convoca-corporacion-unha-reunion-informativa-sobre-o-orzamento-municipal-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-convoca-corporacion-unha-reunion-informativa-sobre-o-orzamento-municipal-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-convoca-corporacion-unha-reunion-informativa-sobre-o-orzamento-municipal-o [3] whatsapp://send?text=A alcaldesa do Irixo convoca á corporación a unha reunión informativa sobre o orzamento municipal. O PP lamenta que non queira negociar e avanza que non acudirá á convocatoria. http://copecarballino.es/novas/alcaldesa-do-irixo-convoca-corporacion-unha-reunion-informativa-sobre-o-orzamento-municipal-o [4] http://copecarballino.es/print/66855