Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "Juan Manuel tenme bloqueada e Manuel Cerdeira ten chamadas perdidas", lamenta a alcaldesa Susana Iglesias, que lles pide diálogo "polo ben do Irixo e poder aprobar os orzamentos".

20, Agosto 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A alcaldesa do Irixo fíxolles un chamamento público a través da radio "porque Juan Manuel tenme bloqueada no seu teléfono e Manuel Cerdeira ten chamadas miñas perdidas", e despóis ambos non acudisen a unha reunión informativa sobre o proxecto de orzamentos municipais para este ano 2024 no concello do Irixo.

O portavoz popular Manuel Cerdeira manifestarase en desacordo coas formas da convocatoria da alcaldesa "en 24 horas convocanos a unha reunión e non sabemos para qué". Juan Manuel Villanueva, que forma parte do grupo da alcadesa, coa que rompeu relacións tras o pleno no que se rexeitou a proposta de orzamentos presentada ante o pleno, garda agora silencio.

A rexedora municipal, Susana Iglesias, pídelles a ambos que "miren polo Irixo" e faciliten a aprobación do orzamento, unhas declaracións que fixo a alcaldesa nesta intervención radiofónica na que avanzou a compra por parte do concello e aprobeitando unha subvención da Deputación da chamada "Casa do Zapateiro", na que pretende ubicarse nun futuro a biblioteca municipal do Irixo.

Podes escoitála no PODCAST de COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/juan-manuel-tenme-bloqueada-e-manuel-cerdeira-ten-chamadas-perdidas-lamenta-alcaldesa-susana

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/juan-manuel-tenme-bloqueada-e-manuel-cerdeira-ten-chamadas-perdidas-lamenta-alcaldesa-susana [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/juan-manuel-tenme-bloqueada-e-manuel-cerdeira-ten-chamadas-perdidas-lamenta-alcaldesa-susana [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/66952