Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O CIS publica unha enquisa na que da gañador ao "pulpo á feira" como o prato máis representativo da gastronomia galega

6, Setembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Xa se sabía, e agora o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) ven de acreditalo cunha enquisa entre a poboación española na que se elixe ao prato máis representativo da gastronomía de cada Comunidade Autónoma.

Definitivamente, os galegos téñeno moi claro, o 53% dos preguntados polo CIS optaron polo patro que se fixo famoso desde O Carballiño, o pulpo á feira que de xeneración en xeneración foron popularizando en feiras e festas as pulpeiras de Arcos.

A moita distancia do pulpo á feira, aparece o marisco (en xeral), que acadou o 27,9% das respostas deste estudo, co 11% aparece o cocido galego, co 4,8% o peixe (en xeral) e finalmente, co 3% os callos.

O CIS esqueceu, á hora de preguntar,  outros pratos tamén moi populares en Galicia, como son os pementos de Padrón ou a empanada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-cis-publica-unha-enquisa-na-que-da-ganador-ao-pulpo-feira-como-o-prato-mais-representativo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cis-publica-unha-enquisa-na-que-da-ganador-ao-pulpo-feira-como-o-prato-mais-representativo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cis-publica-unha-enquisa-na-que-da-ganador-ao-pulpo-feira-como-o-prato-mais-representativo [3] whatsapp://send?text=O CIS publica unha enquisa na que da gañador ao [4] http://copecarballino.es/print/67221