Desenrolado por coroa.es
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos participantes no campamento específico para persoas con discapacidade que organiza a Xunta na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e no que participaron 75 persoas con discapacidade este verán.
Posteriormente, a directora xeral reuniuse coa Asociación de familiares de persoas con discapacidade psíquica da comarca do Carballiño (Aspadisi), á que a Xunta destinou 655.000 euros para a construción da súa nova residencia inaugurada este ano e que xa comezou a recibir os seus primeiros usuarios, e agora tamén colaborará no financiamento de 15 prazas públicas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financiara-15-prazas-publicas-para-persoas-con-discapacidade-na-residencia-de-aspadisi
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-financiara-15-prazas-publicas-para-persoas-con-discapacidade-na-residencia-de-aspadisi
[3] whatsapp://send?text=A Xunta financiará 15 prazas públicas para persoas con discapacidade na residencia de Aspadisi no Carballiño http://copecarballino.es/novas/xunta-financiara-15-prazas-publicas-para-persoas-con-discapacidade-na-residencia-de-aspadisi
[4] http://copecarballino.es/print/67235