Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A antiga botica de Doade e a monacal de Oseira entran a formar parte do Itinerario Cultural Europeo "Aromas Salutis". Escoita aquí a entrevista a Tomás Sancho.

11, Setembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Itinerario Europeo das Farmacias Históricas e hortas mediciñais é un percorrido único que une lugares emblemáticos como boticas monásticas, boticas históricas e hortas botánicas e mediciñais, Itinerario Cultural que ven de conseguir a certificación do Consello de Europa.

A botica do mosteiro de Santa María A real de Oseira, no concello de Cea, e a antiga botica de Doade, no concello de Beariz, pasan a formar parte deste Itinerario Cultural Europeo.

No PODCAST de COPE O Carballiño, podes escoitar a entrevista a Tomás Sancho, concelleiro de Beariz, que explica a importancia para a comarca deste novo proxecto que pon en valor o patrimonio natural e cultural que promove o diálogo intercultural, a identidade, e o desenvolvemento humano sostible que representa "Aromas Itinerarium Salutis".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/antiga-botica-de-doade-e-monacal-de-oseira-entran-formar-parte-do-itinerario-cultural-europeo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/antiga-botica-de-doade-e-monacal-de-oseira-entran-formar-parte-do-itinerario-cultural-europeo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/antiga-botica-de-doade-e-monacal-de-oseira-entran-formar-parte-do-itinerario-cultural-europeo [3] whatsapp://send?text=A antiga botica de Doade e a monacal de Oseira entran a formar parte do Itinerario Cultural Europeo [4] http://copecarballino.es/print/67275