Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Piñor adxudica en 1.780.000 euros a obra de construcción da Residencia de Maiores Municipal, que terá 40 prazas

2, Outubro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A mesa de contratación do concello de Piñor ven de resolver a licittación da obra de construcción da futura residencia de Maiores, adxudicando a unha empresa pontevedresa esta obra, nun importe de 1.780.000 euros.

O proxecto está financiado nun 70% a Xunta de Galicia, a través de fondos europeos, mentres que do 30% restante faise cargo a Deputación de Ourense, mediante un convenio de colaboración asinado co concello piñorense.

A residencia a contruir na localidade de Piñor terá unha capacidade para 40 prazas, e as futuras instalacións contarán, entre outros servizos, con cociña e lavandería. A obra deberá estar rematada antes de finais do ano 2025.

O alcalde de Piñor, José Luis González, mostrouse especialmente satisfeito con este proxecto, sen dúbida e pola súa contía económica o máis importante deste concello "e sobre todo porque vai permitir que as nosas persoas maiores poidan ser coidadas sen necesidade de que abandonen o noso concello".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-adxudica-en-1780000-euros-obra-de-construccion-da-residencia-de-maiores

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-adxudica-en-1780000-euros-obra-de-construccion-da-residencia-de-maiores [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-adxudica-en-1780000-euros-obra-de-construccion-da-residencia-de-maiores [3] whatsapp://send?text=O concello de Piñor adxudica en 1.780.000 euros a obra de construcción da Residencia de Maiores Municipal, que terá 40 prazas http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-adxudica-en-1780000-euros-obra-de-construccion-da-residencia-de-maiores [4] http://copecarballino.es/print/67467