Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Pachi Vázquez: "este goberno é un fracaso total, o das fotos, as sillas e as zancadillas". Espazo Común solicitará un pleno extraordinario para celebrar "o debate do estado do municipio".

8, Outubro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común insiste en considerar que a alianza entre PSOE e PP no concello do Carballiño é un caso de transfuguismo polo que “o alcalde tería que pasar ao grupo mixto”, algo que “non é un tema menor para a organización do concello”, subliñou Pachi Vázquez nunha comparecencia esta mañá convocada para facer balance dos cen primeiros días de goberno municpal no concello carballiñés, tralo pacto entre socialistas e populares.

Un goberno “que é un fracaso total, o goberno das fotos, as sillas e as zancadillas no que cada un intenta matar ao outro”, ironizou Pachi Vázquez para definir ao actúal grupo de goberno integrado por PSOE e PP.

O líder de Espazo Común e concelleiro tamén avanzou que o seu grupo presentará no rexistro municipal a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación para celebrar o debate sobre o estado do municipio “para debatir sobre o estado real do Carballiño e falar das cousas importantes”, dixo.

Escóitao aquí, no PODCCAST de COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-este-goberno-e-un-fracaso-total-o-das-fotos-sillas-e-zancadillas-espazo-comun

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-este-goberno-e-un-fracaso-total-o-das-fotos-sillas-e-zancadillas-espazo-comun [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pachi-vazquez-este-goberno-e-un-fracaso-total-o-das-fotos-sillas-e-zancadillas-espazo-comun [3] whatsapp://send?text=Pachi Vázquez: [4] http://copecarballino.es/print/67549