Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro continúa en "Dias de Viño e Rosas", vence no Couto ao Ourense, e colócase 2º na clasificación

20, Outubro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un gol de Diego Gómez culminando un contragolpe de alta escola futbolista no que tamén participaron Enol e Ferreiro foi suficiente para que os máis de 1200 seguidores do Arenteiro que estaban no Couto e que non pararon de animar durante todo o partido, regresasen felices para O Carballiño.

Os verdes xogaron unha primeira parte primorosa, 45 minutos de fútbol de salón que convertiron ao partido nun monólogo futbolistico do Arenteiro, o único pero foi irse ao descanso cunha vantaxe tan curta no marcador.

Na segunda parte o Ourense fixo varios cámbios e logrou equilibrar o partido, calquera dos dous equipos pudo marcar, pero o marcador xa non se movería. Outros tres puntos que soben ao Arenteiro ao segundo posto da táboa clasificatoria na Primeira Federación, consumido xa o primeiro cuarto do campionato. Son dias de prosperidade e felicidade na parroquia do Arenteiro.

Video resumen do partido co gol do Arenteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=sTL7d0nih_8 [5]

A ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Ponte-Ourense-Cf-Senior/Arenteiro [6]

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/10/21/arenteiro-golpe... [7]

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-continua-en-dias-de-vino-e-rosas-vence-no-couto-ao-ourense-e-colocase-2o-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-continua-en-dias-de-vino-e-rosas-vence-no-couto-ao-ourense-e-colocase-2o-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-continua-en-dias-de-vino-e-rosas-vence-no-couto-ao-ourense-e-colocase-2o-na [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro continúa en [4] http://copecarballino.es/print/67689 [5] https://www.youtube.com/watch?v=sTL7d0nih_8 [6] https://www.resultados-futbol.com/partido/Ponte-Ourense-Cf-Senior/Arenteiro [7] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/10/21/arenteiro-golpeo-ourense-cf-segundo/0003_202410O21C4991.htm