Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Medio Rural valora o proxecto de dinamización da Aldea Singular de Alvite, en Beariz, como un exemplo a seguir en Galicia.

16, Novembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello de Beariz, onde puido comprobar de primeira man algúns proxectos que se levan a cabo nesta localidade para impulsar e dinamizar a súa contorna.

Durante o seu percorrido polo concello de Beariz, no que estivo tamén acompañada polo alcalde Manuel Prado, a directora xeral coñeceu a Botica de Doade, que actualmente actúa como un espazo divulgativo sobre a historia sanitaria da bisbarra.

Posteriormente trasladouse á aldea singular de Alvite, un espazo rehabilitado e que está a actuar como referente turístico da zona. Paz Rodríguez amosou o seu interese por estas iniciativas e valorounas de xeito positivo pola súa contribución á animación e ao impulso económico do municipio bearicense

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/medio-rural-valora-o-proxecto-de-dinamizacion-da-aldea-singular-de-alvite-en-beariz-como-un

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-valora-o-proxecto-de-dinamizacion-da-aldea-singular-de-alvite-en-beariz-como-un [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-valora-o-proxecto-de-dinamizacion-da-aldea-singular-de-alvite-en-beariz-como-un [3] whatsapp://send?text=Medio Rural valora o proxecto de dinamización da Aldea Singular de Alvite, en Beariz, como un exemplo a seguir en Galicia. http://copecarballino.es/novas/medio-rural-valora-o-proxecto-de-dinamizacion-da-aldea-singular-de-alvite-en-beariz-como-un [4] http://copecarballino.es/print/67831