Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PSOE mostra a súa "fonda preocupación polas obras da ponte da Esperela de Leiro", que acumula varios retrasos desde que se pechou ao tránsito no pasado mes de xullo

28, Novembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG-PSOE de Leiro amosa a súa “fonda” preocupación polas obras da ponte da Esperela que acumulan “importantes” retrasos dende que se pechou a mesma o tránsito o día 8 de xullo. As e os socialistas tamén critican o “mutismo” da Xunta de Galicia ante as preguntas rexistradas polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e que 5 meses despois “seguen sen resposta”.

O grupo municipal socialista lembran que xa no mes de xullo amosaron a súa “desconformidade” ante a “falla de previsión” do concello e a Xunta de Galicia, xa que as obras foran iniciadas en plena época estival, coincidindo co aumento da veciñanza que reside en Leiro e coa chegada dun maior número de turistas. Unha situación que en palabras da veciñanza “supuxo un gran trastorno á veciñanza, aos comercios, hostalería e negocios e a cidadanía en xeral”.

Tal e como apuntan os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González e Manuel Rodríguez Vázquez, explican que a veciñanza “está farta da demora nas obras e de que unha das vías principais de comunicación do municipio, como é a Ponte da Esperela, continúe pechada 5 meses despois”. Neste senso, os edís socialistas apuntan que “a demora nas obras, súmase a ausencia total de información por parte da Xunta, que opta polo mutismo, ante as preguntas rexistradas polo PSdeG en relación a esta actuación”.

González e Rodríguez subliñan que o concello, “actor principal de todo este asunto, ten tamén a súa responsabilidade”, xa que tal e como apuntan “debe esixir a apertura da ponte, o cumprimento de prazos ou incluso trasladarlle á Xunta a necesidade de que a obra fora feita noutras datas”. Os concelleiros socialistas subliñan que “o prexuízo para Leiro está sendo moi grande a todos os niveis para veciñanza, comerciantes, hostaleiros e cidadanía en xeral, xa que a arteria principal de entrada a capitalidade municipal segue pechada e sen trazas de que vai abrir pronto”.

O “silencio e mutismo” da Xunta de Galicia é para o PSdeG-PSOE de Leiro síntoma da “desidia a falla de interese” do Goberno autonómico por unha obra nunha infraestrutura “clave” para o municipio. As e os socialista pídenlle ao concello que “defenda os intereses de Leiro e esixa o cumprimento do prazo das obras” e á Xunta de Galicia que “dea resposta das preguntas feitas polo PSdeG en relación as actuacións na ponte da Esperela”.

As preguntas formuladas e que seguen sen resposta foron as seguintes:

1. Cal foi a causa de que as obras na ponte da Esperela, no municipio de Leiro, se realicen en plena época estival?

2. É coñecedora a Xunta de Galicia dos trastornos que está ocasionando a comerciantes e veciñanza?

3. Cando foi contratada a obra pola Xunta de Galicia?

4. Vai a Xunta de Galicia realizar unha planificación axeitada en relación as

obras a acometer no futuro no Concello de Leiro?

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-psoe-mostra-sua-fonda-preocupacion-polas-obras-da-ponte-da-esperela-de-leiro-que-acumula

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-mostra-sua-fonda-preocupacion-polas-obras-da-ponte-da-esperela-de-leiro-que-acumula [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-mostra-sua-fonda-preocupacion-polas-obras-da-ponte-da-esperela-de-leiro-que-acumula [3] whatsapp://send?text=O PSOE mostra a súa [4] http://copecarballino.es/print/67886